Nenos e nenas xogando a minibalonmán
Xogade · Xogos Galegos Deportivos en Idade EscolarPrograma Xogade · Curso 2026/27

Balonmán
na Escola

Unha iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Balonmán e os clubs de balonmán da área de Vigo.

Dirixido a

4º

de primaria

Xunta de GaliciaDeporte GalegoXogadeFederación Galega de Balonmán
En que consiste?

Descubre, aprende e compite

Balonmán na Escola é un programa de promoción deportiva dirixido ao alumnado de 4º de primaria que busca a iniciación ao balonmán mediante unha metodoloxía innovadora baseada en deportes alternativos: Datchball e Tchoukball.

Monitores e monitoras dos clubs visitan os centros para impartir as sesións prácticas. Despois, o profesorado recibe as ferramentas e a unidade didáctica para seguir traballando na aula ata as xornadas de competición.

O programa remata coas xornadas de competición interescolar no IFEVI, do 10 ao 13 de novembro (ambos incluídos).

1

Sesións nos centros

Os monitores/as dos clubs imparten as sesións prácticas con cada clase.

2

Traballo do profesorado

O profesorado continúa coa unidade didáctica e realiza unha competición interna.

3

Competición no IFEVI

Xornadas interescolares do 10 ao 13 de novembro en horario lectivo.

Obxectivos

  • · Fomentar a actividade física
  • · Desenvolver habilidades motrices
  • · Promover valores deportivos
  • · Dar a coñecer o balonmán

Clubs colaboradores

Unidade didáctica

Minibalonmán a través de deportes alternativos

Unha progresión en tres modalidades que parte do lanzamento e remata no xogo colectivo. Nas tres xogan 4 ou 5 xogadores/as por equipo.

Datchball

Obxectivo: Eliminar ás/aos rivais lanzando o balón e golpeándoos sen que bote previamente no chan.

  • · Campo dividido
  • · 3 balóns
  • · Sen límite de pasos
  • · Recuperación atrapando o balón

Material: 3 balóns e dous xogos de petos

Tchoukball

Obxectivo: Lanzar contra un dos rebotadores para que o balón toque o chan fóra da área.

  • · Campo compartido
  • · Máximo 3 pases e 3 pasos
  • · Sen contacto nin roubo
  • · Área de 3 m no rebotador

Material: 1 balón, petos, dous rebotadores e dúas áreas

Minibalonmán

Obxectivo: Marcar gol na portería rival.

  • · 3 pasos + 1 bote + 3 pasos
  • · Defensa individual sen contacto
  • · Mínimo 1 pase previo ao gol
  • · O porteiro/a non sae da área

Material: 1 balón, petos, dúas porterías e dúas áreas

Sesión de tchoukball nun colexio

Sesións de 50 minutos

1
Datchball + Tchoukball · Monitor/a do club

Regras básicas, rotación da competición, retos cooperativos co rebotador e partido.

2
Datchball + Minibalonmán · Monitor/a do club

Partido de datchball rotando e xogo de 5 pases, saída con bote e partido de minibalonmán.

3
Competición interna · Profesorado do centro

Grupos de 5, clasificación por puntos (3 vitoria, 2 empate, 1 derrota) e partidos de 4–5 minutos.

As sesións 1 e 2 poden cambiar a orde se o primeiro día non se dispón de rebotadores. O profesorado replicará a unidade didáctica en 3º curso.

Pistas de competición no recinto feiral
Competición interescolar

IFEVI · 10–13 de novembro

A xornada final reúne os centros participantes no recinto feiral IFEVI (Vigo), nunha instalación con seis campos de Minibalonmán e Tchoukball e un espazo habilitado para o Datchball.

Formato

Quecemento con Datchball (3 partidos de 4′) e partidos 4x4 de Tchoukball e Minibalonmán de 5′ cada un.

Rotacións

Aulas A e C permanecen na pista; aulas B e D rotan. Tras dúas rotacións cambian de modalidade.

Fase final

As aulas gañadoras xogan nas pistas 1–3 e as que perderon nas pistas 3–5, co mesmo sistema de rotación.

Transporte

Desprazamentos en autobús a cargo da Secretaría Xeral para o Deporte, en horario lectivo.

Que levar

Roupa deportiva e unha botella de auga.

Duración

Aproximadamente 90 minutos por xornada.

Calendario

Sesións nos centros

Consulta cando visitaremos o teu centro, o horario e o club que impartirá a sesión.

Contacto

Dúbidas e incidencias

Federación Galega de Balonmán

Sesións e aspectos deportivos

Gerard Conill

Xunta de Galicia

Secretaría Xeral para o Deporte · Programa Xogade

Freire

Inscrición

Inscribe o teu centro

Completa o formulario e a organización contactará convosco para confirmar as sesións.

Lugar onde se fará a actividade *
Material dispoñible no centro

Marca as que teña o centro (podes deixalas baleiras).

LiñaNº de alumnos/as